AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS E DE MULLERES RURAIS

Poderan ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociaciòns de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia (en diante, entidades), para realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, e traídas de auga veciñais, coa finalidade
de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.

A axuda económica que se conceda poder abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2).

Para os efectos desta orde, considéranse subvencionables os seguintes proxectos:

  • Liña 1: As obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
  • Liña 2: A adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.

En calquera caso, só serán subvencionables os proxectos operativos, È dicir, aqueles que conteñen os elementos necesarios para acadar a finalidade para a cal foron solicitados.

Poderase realizar o pagamento do 100 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación expresa desta.

As entidades beneficiarias terán de prazo, para executar o proxecto subvencionado e presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados, ata o 15 de outubro de 2024.