Plan Renova o teu vehículo

Axuda do INEGA

No marco do Plan de Transición á mobilidade eficiente naceron estas axudas, que buscan abordar a senda crecente das emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas polo consumo de combustibles fósiles nos vehículos antigos.

A quen está destinado?

Persoas físicas, autónomos e empresas.

Cales son os gastos subvencionables?

Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os seguintes requisitos e teñan un custo inferior ou igual a 42.000 € (Impostos incluídos), este límite de custo se amplía a 47.000 € (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas:
a) Vehículos M1 (Turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 120 g CO2/km.
b) N1 (furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 120 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg.

Unha persoa só pode comprar un só vehículo M1 ou N1 . Un autónomo ou empresa só poderá adquirir un máximo de dez vehículos.

Cal é o importe da subvención?

A intensidade da axuda será de ata un máximo de 4.600 € en función do tipo de beneficiario.

Data límite de presentación

Aberto ata o 30 de setembro de 2025.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nestas subvencións para a adquisición de vehículos do INEGA, contacta connosco xa a través de info@asecasesores.com, ou se o prefires no teléfono 986 520813.

Máis información

Ademais, se buscas outro tipo de subvencións, subscríbete ao boletín de Asec Asesores e recibirás periodicamente un boletín coas últimas axudas publicadas.

Non o penses dúas veces, temos todo un equipo de profesionais ao teu servizo.

Confía en quen se encarga do teu negocio, confía en Asec Asesores

Erro: Formulario de contacto non atopado.