Axudas no sector dos Taxis

Axudas para a contratación de persoal asalariado (segunda persoa condutora) e para o pago das pólizas de seguros no sector dos taxis

Para quen está destinado?

Axudas ás persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para o pago da póliza do
seguro do vehículo e á contratación dunha segunda persoa condutora.

Que gastos son elixibles?

  • Liña 1: Axudas para a contratación da póliza de seguro do vehículo.
  • Liña 2: Contratación dunha segunda persoa condutora.

a) Para a liña 1, poderán ser obxecto de subvención as persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N domiciliadas en Galicia e que estean vixentes e activas na data de presentación da solicitude e na data da resolución de concesión da axuda.

b) Para a liña 2, poderá ser obxecto de subvención a contratación dunha segunda persoa condutora, a xornada completa e con dedicación exclusiva, realizadas dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.

Cal é a contía da axuda?

A contía da axuda, por cada autorización VT-N, será a seguinte:
Liña 1: Axudas para a contratación da póliza de seguro do vehículo, 240€
Liña 2: Contratación dunha segunda persoa condutora, 2.000€.

Data límite de presentación

Apertura próxima: do 5 de xuño ao 30 de setembro de 2025.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado/a nestas axudas do programa Axudas ao sector dos Taxis, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.