O Programa Re-acciona 2026, impulsado polo IGAPE, está dirixido a pemmes e persoas autónomas con centro de traballo en Galicia que desexen mellorar a súa competitividade, produtividade e capacidade de adaptación a un mercado cada vez máis esixente.
Este programa ofrece servizos profesionais de asesoramento especializado, prestados por entidades homologadas, en ámbitos clave para o crecemento empresarial, tales como:
-
Estratexia e modelo de negocio
-
Innovación e transformación dixital
-
Internacionalización
-
Mellora de procesos e organización
-
Sustentabilidade e eficiencia empresarial
O custo destes servizos está maioritariamente subvencionado polo IGAPE, polo que as empresas beneficiarias só deben asumir unha parte reducida do importe total, facilitando así o acceso a consultoría de alto valor engadido.
s axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de solicitude, ata esgotar o crédito dispoñible. A tramitación realízase de forma 100 % electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.
👉 En ASEC ASESORES asesorámosche sobre a adecuación do teu proxecto ao programa Re-acciona e acompañámoste durante todo o proceso de solicitude e execución do servizo.