A Xunta de Galicia convoca para 2026 o Programa de Promoción do Emprego Autónomo, destinado a apoiar ás persoas desempregadas que inicien unha actividade por conta propia en Galicia. Este programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+ Galicia 2021-2027)
🎯 Obxectivo
Facilitar a creación de novos proxectos de autoemprego, contribuíndo á inserción laboral, ao emprendemento e á consolidación do tecido produtivo galego.
👥 Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que se dean de alta como autónomas e desenvolvan a súa actividade en Galicia. Inicien a actividade entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026
💶 Liña 1 – Subvención polo inicio da actividade como autónomo
Trátase dunha axuda directa para apoiar os primeiros meses de actividade.
👉 Contía base:
💰 2.000 €
Para persoas desempregadas en xeral.
👉 Contía incrementada por colectivos prioritarios:
💰 4.000 €
Para persoas desempregadas que, no momento da alta como autónomas, pertenzan a algún destes colectivos (non acumulables entre si):
• Menores de 30 anos
• Persoas desempregadas de longa duración
• Persoas con discapacidade ou en situación de dependencia
• Persoas en risco de exclusión social
• Emigrantes retornados
• Persoas estranxeiras
• Maiores de 52 anos
📈 Incrementos adicionais do 15% (acumulables)
Sobre a contía base ou incrementada, aplicarase un aumento do 15% por cada unha destas circunstancias:
✔ Se a persoa beneficiaria é muller
✔ Se o centro de traballo está nun concello rural
✔ Se é maior de 45 anos (salvo maiores de 52 xa incluídos arriba)
✔ Se é persoa trans
✔ Se exerce profesións con presenza feminina subrepresentada
👉 Estes incrementos son acumulables ata unha axuda máxima de 7.000 €
💼 Liña 2 – Axuda para a cota reducida de autónomos (tarifa plana)
Axuda destinada a cubrir o custo da cota reducida á Seguridade Social establecida para novos autónomos.
🔹 Sublínea xeral
✔ 80 € ao mes durante 12 meses
👉 Total da axuda: 960 €
🌾 Sublínea especial sectores agrícola, gandeiro e silvícola
✔ 80 € ao mes durante 24 meses
👉 Total da axuda: 1.920 €
📅 Prazo para solicitar
📌 Altas subvencionables:
👉 Entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026
📌 Concesión:
👉 Por orde de entrada ata esgotar fondos.
📌 Obriga principal
As persoas beneficiarias deberán:
✔ Manter a alta como autónomas durante mínimo 24 meses