Axudas Bono Nova Oportunidade para autónomos en Galicia

O Bono Nova Oportunidade é unha axuda da Xunta de Galicia destinada a apoiar ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade anteriormente e deciden volver emprender un novo negocio como traballadoras por conta propia en Galicia.

O obxectivo é facilitar a segunda oportunidade profesional, aproveitando a experiencia adquirida e impulsando novos proxectos empresariais

👥 Quen pode solicitala?

Poderán beneficiarse aquelas persoas que:

✔ Fosen autónomas con anterioridade
✔ Se dean de alta de novo como autónomas entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026
✔ Estean inscritas como demandantes de emprego no momento previo á nova alta
✔ Acrediten polo menos 3 meses de cotización anterior como autónomas nos últimos 5 anos
✔ Teñan transcorrido mínimo 6 meses entre a baixa anterior e a nova alta
✔ Desenvolvan a súa actividade e teñan domicilio fiscal en Galicia

⚠️ Non poden solicitala quen xa fose beneficiario deste bono en convocatorias anteriores nin autónomos colaboradores, nin membros de sociedades mercantís sen participación directa

💶 Contía da axuda

A subvención consiste nun importe único de:

💰 7.500 €

➕ Incremento de 500 € adicionais se a persoa beneficiaria é muller

👉 Total máximo: 8.000 €

📅 Prazo e sistema de concesión

📌 Altas subvencionables:
👉 Do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026

📌 As axudas concédense por orde de entrada das solicitudes completas, ata esgotar o crédito dispoñible.