Programa para a contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas

A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.
BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Axudas do Programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para a mellora da competitividade da actividade empresarial cunha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar
XEMPRE AUTÓNOMO 2023

Axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia
BONO ENERXÍA PEME

Subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos