Que necesitas saber cando queres financiar un coche?

Actualmente, a maioría dos vehículos que compramos están financiados, en moitos casos o propio concesionario ofrece esta posibilidade. Nestes casos, aínda que a oferta e os trámites se formalizan no concesionario, o financiamento é concedido por unha entidade financeira asociada, coa que asinará un contrato de crédito ao consumo.