Bono coidado no fogar

O Bono coidado no fogar trátase dunha axuda directa de 5.000 € que permite ás persoas en situación de dependencia (maiores e persoas con discapacidade con situación de dependencia recoñecida) permanecer na súa contorna ao coidado dun familiar, veciño ou profesional.
Orde de módulos para o ano 2024

A Orde de módulos para o ano 2024 mantén a estrutura da anterior Orde, pola que se desenvolve o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido.
Peche das Contas de Sociedades no 2023

Durante as próximas semanas, as empresas van pechar as súas contas para 2023. E se obtiveron beneficios, terán que facer fronte ao Imposto sobre Sociedades, co conseguinte desembolso nun momento no que convén reducir a saída de fondos. Pois ben, unha revisión completa da contabilidade e dos incentivos fiscais aplicables pode supor un importante aforro […]
Se pagas co teu móbil, sigue estes consellos de seguridade

Es dos que nunca sae de casa sen o teu móbil? Sen dúbida é unha ferramenta moi útil que cada vez nos permite facer máis cousas, entre outras, pagar as nosas compras. As tarxetas que descargas no teu móbil usan tecnoloxía NFC para comunicarse co datáfono e transferir a información.
Subvencións do SEPE para plans de formación relacionados co diálogo social e a negociación colectiva

O Servizo Público de Emprego Estatal, ven de convocar a concesión de subvencións para o financiamento de plans de formación de ámbito estatal, destinadas á formación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co diálogo social e colectivo.
PROGRAMA CULTUREA DE APOIO Á PROMOCIÓN CULTURAL DE PONTEVEDRA

A través deste programa as asociacións sen fins de lucro poderán solicitar axudas para as actuacións de grupos do Catálogo, nas súas actividades culturais, que deberán ir dirixidas ao público en xeral e ser de entrada libre.