EN QUE CIRCUNSTANCIAS PODO DESHERDAR A UN FILLO?

A desherdanza só se pode facer en testamento, expresando a causa na que se fundamenta. A causa pódese expresar ben sinalando a conduta que a motiva, ben no artigo concreto, pero non se admiten expresións xenéricas como “para as causas recollidas no Código Civil”.