SUBASTA DUN TERREO NON EDIFICADO SITO EN AVDA. CAMBADOS 17 DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Parcela edificable do Proxecto de Urbanización na Avenida de Cambados, número dezasete, de Vilagarcía de Arousa; que ten unha superficie total de seiscentos setenta e sete metros con corenta e sete decímetros cadrados. Referencia Catastral da Finca: 8953218NH118550001ZL.
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO MARÍTIMO-FLUVIAL

Subvencións destinadas á recuperación e á posta en valor dos bens que integran o patrimonio marítimo-fluvial na provincia para o seu uso en actividades de promoción sociocultural.
PLAN ANUAL DE CONTROL TRIBUTARIO E ADUANEIRO DE 2024

O Plan Anual de Control Tributario e Aduaneiro desagrega as actuacións máis relevantes a levar a cabo pola organización no exercicio 2024 en liña co establecido no Plan Estratéxico.