Axudas para establecementos turísticos do litoral galego

A Axencia de Turismo de Galicia publicou a Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, en réxime de concorrencia non competitiva, un programa de subvencións dirixidas a establecementos turísticos situados en concellos costeiros.

Estas axudas, financiadas con fondos europeos NextGenerationEU dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, contan cun orzamento total de 5 millóns de euros para o período 2025-2026 e organízanse en tres liñas de actuación:

Liña 1: Eficiencia enerxética

  • Mellora da eficiencia en iluminación interior e exterior (incluíndo ornamental e aparcadoiros).

  • Substitución de luminarias, lámpadas e equipos por outros de maior rendemento.

  • Sistemas de control local, remoto ou automático (presenza, luz natural, etc.).

  • Relocalización de puntos de luz para reducir consumo eléctrico.

  • Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas.

  • Certificados de eficiencia enerxética inicial e final.
    👉 Investimento mínimo: 5.000 €.

Liña 2: Dixitalización de recursos turísticos

  • Instalación ou integración de sistemas PMS (Property Management System) e ERP.

  • Instalación de CRM (Customer Relationship Management).

  • Channel manager.

  • Ferramentas de análise e visualización de datos.

  • Motores de reserva.

  • Desenvolvemento de códigos QR para uso turístico.

  • Ferramentas dixitais para promocionar o destino (mapas, vídeos, visitas virtuais, guías interactivas, etc.).
    👉 Investimento máximo subvencionable: 15.000 €.

Liña 3: Mellora da fachada turística do litoral

    • Revestimento ou pintado de fachadas en mal estado.

    • Renovación de carpintarías ou peches exteriores deteriorados.

    • Remate ou renovación de cubertas en mal estado ou con materiais non axeitados (fibrocemento, etc.).

    • Revestimento ou restauración de muros de peche das parcelas.

    • Pintado de portas, portais ou cerraxarías exteriores que supoñan impacto paisaxístico.

    • Gastos de proxecto e dirección de obra (ata o 5 % da inversión e máximo 5.000 €).
      👉 Investimento máximo subvencionable: 250.000 €.

Poderán ser beneficiarias as PEMES titulares de establecementos de aloxamento e restauración inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).

A subvención poderá cubrir ata o 80 % do investimento, cun máximo de 250.000 € por proxecto (segundo a liña solicitada). As actuacións deberán executarse entre xaneiro de 2025 e xuño de 2026.

O prazo de solicitude será de dous meses a partir da publicación oficial no Diario Oficial de Galicia (DOG), e tramitaranse por orde de rexistro de entrada ata esgotar fondos.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse