A Axencia de Turismo de Galicia publicou a Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca, en réxime de concorrencia non competitiva, un programa de subvencións dirixidas a establecementos turísticos situados en concellos costeiros.
Estas axudas, financiadas con fondos europeos NextGenerationEU dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, contan cun orzamento total de 5 millóns de euros para o período 2025-2026 e organízanse en tres liñas de actuación:
Liña 1: Eficiencia enerxética
-
Mellora da eficiencia en iluminación interior e exterior (incluíndo ornamental e aparcadoiros).
-
Substitución de luminarias, lámpadas e equipos por outros de maior rendemento.
-
Sistemas de control local, remoto ou automático (presenza, luz natural, etc.).
-
Relocalización de puntos de luz para reducir consumo eléctrico.
-
Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas.
-
Certificados de eficiencia enerxética inicial e final.
👉 Investimento mínimo: 5.000 €.
Liña 2: Dixitalización de recursos turísticos
-
Instalación ou integración de sistemas PMS (Property Management System) e ERP.
-
Instalación de CRM (Customer Relationship Management).
-
Channel manager.
-
Ferramentas de análise e visualización de datos.
-
Motores de reserva.
-
Desenvolvemento de códigos QR para uso turístico.
-
Ferramentas dixitais para promocionar o destino (mapas, vídeos, visitas virtuais, guías interactivas, etc.).
👉 Investimento máximo subvencionable: 15.000 €.
Liña 3: Mellora da fachada turística do litoral
-
-
Revestimento ou pintado de fachadas en mal estado.
-
Renovación de carpintarías ou peches exteriores deteriorados.
-
Remate ou renovación de cubertas en mal estado ou con materiais non axeitados (fibrocemento, etc.).
-
Revestimento ou restauración de muros de peche das parcelas.
-
Pintado de portas, portais ou cerraxarías exteriores que supoñan impacto paisaxístico.
-
Gastos de proxecto e dirección de obra (ata o 5 % da inversión e máximo 5.000 €).
👉 Investimento máximo subvencionable: 250.000 €.
-
Poderán ser beneficiarias as PEMES titulares de establecementos de aloxamento e restauración inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).
A subvención poderá cubrir ata o 80 % do investimento, cun máximo de 250.000 € por proxecto (segundo a liña solicitada). As actuacións deberán executarse entre xaneiro de 2025 e xuño de 2026.
O prazo de solicitude será de dous meses a partir da publicación oficial no Diario Oficial de Galicia (DOG), e tramitaranse por orde de rexistro de entrada ata esgotar fondos.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.