Axudas para entidades socio-culturais sen ánimo de lucro de Cambados

Subvencións Municipais 2025 – Concello de Cambados

O Concello de Cambados abre a convocatoria de axudas dirixidas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais, educativas, sociais e de lecer no termo municipal.

Obxecto

Apoiar actividades realizadas entre o 16 de novembro de 2024 e o 15 de novembro de 2025, que contribúan ao tecido asociativo e á dinamización cultural e social de Cambados.

Liñas de axuda

  • Educación (ANPAS): Actividades complementarias no ámbito educativo.

  • Cultura: Promoción da cultura popular, actos musicais, cursos, publicacións, etc.

  • Ocio e tempo libre: Actividades físicas, deportivas e de lecer.

Crédito dispoñible

  • Educación (ANPAS): 5.000 €

  • Cultura: 25.000 €

  • Ocio e tempo libre: 5.000 €
    (As axudas cubrirán como máximo o 75 % do proxecto presentado).

Beneficiarios

  • Asociacións sen fins de lucro.

  • Con domicilio en Cambados e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (ou que afecten directamente a colectivos locais).

Prazo e presentación

  • 15 días naturais desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

  • Presentación obrigatoria por sede electrónica ou polos medios previstos na Lei 39/2015.

Criterios de valoración

  • Interese do proxecto para o municipio.

  • Repercusión local, provincial, autonómica ou nacional.

  • Número de persoas beneficiarias.

  • Diversidade e continuidade das actividades.

  • Uso do galego.

  • Porcentaxe de financiamento achegado pola entidade.

Xustificación

As entidades deberán xustificar os gastos mediante facturas e memoria gráfica e económica antes do 20 de novembro de 2025.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A ENTIDADES SOCIO-CULTURAIS SEN FINS DE LUCRO 2025