Subvencións para festas populares do Concello de Cambados

O Concello de Cambados abre a convocatoria de subvencións dirixidas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para apoiar a organización de festas patronais e populares tradicionais durante o ano 2025.

Obxecto da axuda
Favorecer a iniciativa veciñal e cultural, contribuíndo á celebración de eventos de carácter participativo que manteñan viva a tradición festiva do noso concello.

Actividades subvencionables

  • Contratación de actividades musicais e culturais.

  • Alugueiro de infraestruturas e equipamentos.

  • Pirotecnia, publicidade e dereitos de autor.

  • Outros gastos directamente vinculados coa organización das festas.
    (Actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2025).

Contía

  • Crédito dispoñible: 12.000 €.

  • Máximo por entidade: ata o 25% do total.

  • A axuda pode cubrir ata o 100% do custo da actividade.

Beneficiarios
Asociacións ou entidades:

  • Sen fins de lucro.

  • Con domicilio social en Cambados e inscritas no Rexistro Municipal.

  • Que desenvolvan as súas actividades no termo municipal.

Solicitudes

  • Presentación obrigatoria por sede electrónica do Concello de Cambados.

  • Prazo: 15 días naturais dende a publicación do anuncio no BOPPO.

  • Documentación: solicitude normalizada, memoria da actividade, CIF, acreditación da representación, certificados de obrigas tributarias e sociais, etc.

Criterios de valoración (máx. 45 puntos)

  • Interese para o desenvolvemento do concello.

  • Repercusión fóra do ámbito municipal.

  • Número de cidadáns beneficiados.

  • Diversidade de actividades programadas.

  • Carácter periódico ou permanente.

  • Necesidade da subvención para poder realizar a actividade.

Xustificación

  • Data límite: 30 de novembro de 2025.

  • Debe presentarse memoria de actividade, conta xustificativa, facturas e comprobantes de pago, ademais da documentación administrativa esixida.

BASES FESTAS POPULARES