O Concello de Cambados abre a convocatoria de subvencións dirixidas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para apoiar a organización de festas patronais e populares tradicionais durante o ano 2025.
Obxecto da axuda
Favorecer a iniciativa veciñal e cultural, contribuíndo á celebración de eventos de carácter participativo que manteñan viva a tradición festiva do noso concello.
Actividades subvencionables
-
Contratación de actividades musicais e culturais.
-
Alugueiro de infraestruturas e equipamentos.
-
Pirotecnia, publicidade e dereitos de autor.
-
Outros gastos directamente vinculados coa organización das festas.
(Actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2025).
Contía
-
Crédito dispoñible: 12.000 €.
-
Máximo por entidade: ata o 25% do total.
-
A axuda pode cubrir ata o 100% do custo da actividade.
Beneficiarios
Asociacións ou entidades:
-
Sen fins de lucro.
-
Con domicilio social en Cambados e inscritas no Rexistro Municipal.
-
Que desenvolvan as súas actividades no termo municipal.
Solicitudes
-
Presentación obrigatoria por sede electrónica do Concello de Cambados.
-
Prazo: 15 días naturais dende a publicación do anuncio no BOPPO.
-
Documentación: solicitude normalizada, memoria da actividade, CIF, acreditación da representación, certificados de obrigas tributarias e sociais, etc.
Criterios de valoración (máx. 45 puntos)
-
Interese para o desenvolvemento do concello.
-
Repercusión fóra do ámbito municipal.
-
Número de cidadáns beneficiados.
-
Diversidade de actividades programadas.
-
Carácter periódico ou permanente.
-
Necesidade da subvención para poder realizar a actividade.
Xustificación
-
Data límite: 30 de novembro de 2025.
-
Debe presentarse memoria de actividade, conta xustificativa, facturas e comprobantes de pago, ademais da documentación administrativa esixida.