A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convoca para o ano 2026 axudas destinadas a impulsar a dixitalización, modernización e sustentabilidade ambiental do comercio retallista e dos obradoiros artesáns de Galicia.
Persoas e entidades beneficiarias
Poden solicitar estas axudas:
-
Comercios retallistas con actividade e domicilio social en Galicia.
-
PemEs cun máximo de 10 persoas traballadoras no establecemento.
-
Establecementos cunha superficie de venda igual ou inferior a 300 m² (con algunhas excepcións).
-
Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
-
Só se poderá presentar unha solicitude por establecemento.
Características da axuda
-
Réxime de concorrencia non competitiva (as axudas concédense por orde de entrada ata esgotar o crédito).
-
Subvención de ata o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
-
Incremento ata o 90 % para establecementos situados en zonas incluídas no proxecto Vilas Vivas.
Liñas de actuación subvencionables
1. Dixitalización e innovación comercial
-
Páxinas web e venda en liña
-
TPV, software de xestión e facturación electrónica
-
Marketing dixital, redes sociais, SEO/SEM
-
Escaparates dixitais, pantallas, ciberseguridade, apps
Investimento máximo subvencionable: 18.750 €
2. Modernización comercial
-
Obras de reforma e acondicionamento do local
-
Mellora da imaxe comercial e da fachada
-
Iluminación e climatización eficientes
-
Equipamento específico para a actividade comercial ou artesanal
Investimento máximo subvencionable: 20.000 €
3. Sustentabilidade ambiental
-
Bolsas e embalaxes recicladas ou reutilizables
-
Eliminación de plásticos, uso de materiais sostibles coa marca Comercio Galego
Investimento máximo subvencionable: 2.500 €
Prazo de presentación
-
Inicio: 16 de xaneiro de 2026 ás 09:00 h
-
Fin: un mes despois, ata as 20:00 h
-
Presentación: exclusivamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Outros aspectos a ter en conta
-
Axudas sometidas ao réxime de minimis.
-
Posibilidade de solicitar un anticipo do 50 % da subvención (con determinadas condicións).
-
Incompatibles con outras axudas para os mesmos conceptos subvencionables.
-
Investimento mínimo subvencionable: 1.000 €.