Plan Provincia Comunitaria 2026 – Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra convoca o Plan Provincia Comunitaria 2026, unha liña de subvencións dirixida a asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da provincia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida local, reforzar o asociacionismo e impulsar a cohesión social e territorial.
Que actuacións se poden subvencionar?
As axudas están destinadas a investimentos, entre os que se inclúen:
-
Obras de mellora ou creación de locais sociais, infraestruturas e espazos comunitarios.
-
Adquisición de mobiliario e equipamentos (oficina, informáticos, audiovisuais, etc.).
-
Gastos de xestión e tramitación da subvención (ata 600 €).
-
Gastos de taxas, licenzas e permisos necesarios (ata 600 €).
-
Traballos previos de desbroce e limpeza, con límites establecidos.
Quen pode solicitala?
-
Asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais
-
Legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións de Galicia
-
Con domicilio social na provincia de Pontevedra
Contía da axuda
-
Ata o 100 % do investimento subvencionable
-
Importe mínimo: 6.000 €
-
Importe máximo: 10.000 € por entidade
-
Concesión en réxime de concorrencia competitiva
Prazo de solicitude
O prazo de presentación remata o 1 de abril de 2026, e a tramitación realízase exclusivamente por vía electrónica a través da sede da Deputación de Pontevedra.
🔹 En ASEC Asesores ofrecemos asesoramento integral para a preparación da documentación, elaboración da memoria, presentación da solicitude e xustificación da subvención, garantindo unha tramitación correcta e adaptada ás bases da convocatoria.