Axudas de ata 11.000 € para renovar o equipamento da hostalería

Prazo aberto ata o 30 de setembro de 2026

O Ministerio de Industria e Turismo puxo en marcha un novo programa de axudas para impulsar a renovación do equipamento dos establecementos de hostalería, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e os custos de funcionamento dos negocios.

O programa conta cun orzamento de 15 millóns de euros e concede axudas de entre 5.000 e 11.000 euros por establecemento, podendo alcanzar ata o 100 % do investimento subvencionable.

¿Quen pode solicitar estas axudas?

Poden beneficiarse:

  • Persoas autónomas.
  • Empresas e persoas xurídicas.
  • Comunidades de bens.
  • Sociedades civís sen personalidade xurídica.

É necesario estar dado de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da AEAT e ser titular dun establecemento de hostalería situado en España.

Entre as actividades incluídas atópanse:

  • Hoteis e aloxamentos turísticos.
  • Campings.
  • Restaurantes.
  • Postos de comidas.
  • Empresas de catering.
  • Establecementos de bebidas.

¿Que investimentos se poden subvencionar?

As axudas están destinadas principalmente á substitución de equipamentos e maquinaria por outros máis eficientes enerxeticamente.

Entre as actuacións subvencionables inclúense:

  • Renovación de electrodomésticos e maquinaria profesional de hostalería.
  • Equipamento de cociña máis eficiente.
  • Renovación de equipamentos de climatización.
  • Substitución de toldos e sombrillas por solucións máis eficientes.
  • Obras e instalacións necesarias para realizar a renovación.
  • Xestión dos residuos xerados pola substitución dos equipamentos.
  • Certificados de eficiencia enerxética necesarios.
  • Gastos de xestión da solicitude e da súa xustificación.

Importante: non se subvenciona a substitución por equipamentos que utilicen combustibles fósiles, incluído o gas natural.

¿Canto se pode recibir?

A axuda será de:

Mínimo: 5.000 € por establecemento

Máximo: 11.000 € por establecemento

A intensidade da subvención pode chegar ata o 100 % do custo subvencionable, sempre respectando os límites establecidos na convocatoria.

Se unha empresa ten varios establecementos, poderá solicitar unha axuda por cada establecemento, sempre que as actuacións correspondan a locais diferentes.

Requisitos importantes

As solicitudes concédense mediante concesión directa e por orde de presentación das solicitudes completas, ata esgotar o orzamento dispoñible. Polo tanto, é recomendable non esperar ao último día.

Ademais, a actuación debe permitir acreditar un aforro no consumo enerxético.

No caso de equipamentos con etiqueta enerxética, deberá demostrarse a mellora comparando o equipamento novo co existente. Noutros casos poderá ser necesario un informe técnico que acredite o aforro.

As axudas están sometidas ao réxime de minimis, cun límite de 300.000 € por empresa nun período de tres anos.

Prazo de solicitude

Do 5 de agosto de 2026 ás 10:00 h ao 30 de setembro de 2026 ás 15:00 h.

⚠️ O prazo pode finalizar antes se se esgota o orzamento dispoñible.

En ASEC Asesores encargámonos da tramitación

Se tes un bar, restaurante, cafetería, hotel, negocio de catering ou outro establecemento de hostalería, podemos analizar o teu caso, comprobar se a inversión que queres realizar é subvencionable e encargarnos da preparación e presentación da solicitude, así como da documentación necesaria para a súa xustificación.

Non deixes pasar esta oportunidade para renovar o equipamento do teu negocio e reducir os seus custos enerxéticos.

📞 Contacta con ASEC Asesores e estudamos a túa situación sen compromiso.