Prazo aberto ata o 30 de setembro de 2026
O Ministerio de Industria e Turismo puxo en marcha un novo programa de axudas para impulsar a renovación do equipamento dos establecementos de hostalería, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e os custos de funcionamento dos negocios.
O programa conta cun orzamento de 15 millóns de euros e concede axudas de entre 5.000 e 11.000 euros por establecemento, podendo alcanzar ata o 100 % do investimento subvencionable.
¿Quen pode solicitar estas axudas?
Poden beneficiarse:
- Persoas autónomas.
- Empresas e persoas xurídicas.
- Comunidades de bens.
- Sociedades civís sen personalidade xurídica.
É necesario estar dado de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da AEAT e ser titular dun establecemento de hostalería situado en España.
Entre as actividades incluídas atópanse:
- Hoteis e aloxamentos turísticos.
- Campings.
- Restaurantes.
- Postos de comidas.
- Empresas de catering.
- Establecementos de bebidas.
¿Que investimentos se poden subvencionar?
As axudas están destinadas principalmente á substitución de equipamentos e maquinaria por outros máis eficientes enerxeticamente.
Entre as actuacións subvencionables inclúense:
- Renovación de electrodomésticos e maquinaria profesional de hostalería.
- Equipamento de cociña máis eficiente.
- Renovación de equipamentos de climatización.
- Substitución de toldos e sombrillas por solucións máis eficientes.
- Obras e instalacións necesarias para realizar a renovación.
- Xestión dos residuos xerados pola substitución dos equipamentos.
- Certificados de eficiencia enerxética necesarios.
- Gastos de xestión da solicitude e da súa xustificación.
Importante: non se subvenciona a substitución por equipamentos que utilicen combustibles fósiles, incluído o gas natural.
¿Canto se pode recibir?
A axuda será de:
Mínimo: 5.000 € por establecemento
Máximo: 11.000 € por establecemento
A intensidade da subvención pode chegar ata o 100 % do custo subvencionable, sempre respectando os límites establecidos na convocatoria.
Se unha empresa ten varios establecementos, poderá solicitar unha axuda por cada establecemento, sempre que as actuacións correspondan a locais diferentes.
Requisitos importantes
As solicitudes concédense mediante concesión directa e por orde de presentación das solicitudes completas, ata esgotar o orzamento dispoñible. Polo tanto, é recomendable non esperar ao último día.
Ademais, a actuación debe permitir acreditar un aforro no consumo enerxético.
No caso de equipamentos con etiqueta enerxética, deberá demostrarse a mellora comparando o equipamento novo co existente. Noutros casos poderá ser necesario un informe técnico que acredite o aforro.
As axudas están sometidas ao réxime de minimis, cun límite de 300.000 € por empresa nun período de tres anos.
Prazo de solicitude
Do 5 de agosto de 2026 ás 10:00 h ao 30 de setembro de 2026 ás 15:00 h.
⚠️ O prazo pode finalizar antes se se esgota o orzamento dispoñible.
En ASEC Asesores encargámonos da tramitación
Se tes un bar, restaurante, cafetería, hotel, negocio de catering ou outro establecemento de hostalería, podemos analizar o teu caso, comprobar se a inversión que queres realizar é subvencionable e encargarnos da preparación e presentación da solicitude, así como da documentación necesaria para a súa xustificación.
Non deixes pasar esta oportunidade para renovar o equipamento do teu negocio e reducir os seus custos enerxéticos.
📞 Contacta con ASEC Asesores e estudamos a túa situación sen compromiso.