Ampliación do permiso por nacemento e coidado

O Goberno aprobou o Real decreto-lei 9/2025, do 29 de xullo, que amplía os permisos por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento, reforzando o dereito á conciliación e a corresponsabilidade entre homes e mulleres.

Principais novidades:

  • Duración do permiso:

      • Amplíase a 19 semanas por proxenitor, das cales:

        • 6 semanas son obrigatorias tras o nacemento ou adopción.

        • 11 semanas poderán gozarse de maneira flexible ata que a/o menor cumpra 12 meses.

        • 2 semanas adicionais poderán empregarse ata que a/o menor cumpra 8 anos.

  • Familias monoparentais: terán dereito a 32 semanas de permiso.

  • Carácter retribuído: mantense o 100 % da base reguladora da Seguridade Social durante todo o permiso.

  • Ámbito público e privado: a medida aplícase tanto a traballadores do sector privado como a empregados públicos.

  • Retroactividade: as dúas semanas adicionais de coidado parental poderán solicitarse con efectos desde o 2 de agosto de 2024, sendo posible gozalas a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Cadro resumo da reforma:

Novidades Antes Agora (desde 2025)
Duración xeral do permiso 16 semanas por proxenitor/a 19 semanas por proxenitor/a
Semanas obrigatorias 6 semanas inmediatas tras o parto ou adopción 6 semanas obrigatorias inmediatas
Semanas flexibles 10 semanas ata que o menor cumprise 12 meses 11 semanas flexibles ata os 12 meses
Semanas adicionais de coidado parental Non existían 2 semanas adicionais ata que o menor cumpra 8 anos
Familias monoparentais 16 semanas 32 semanas
Retribución 100 % da base reguladora da Seguridade Social Mantense o 100 % da base reguladora
Ámbito de aplicación Sector privado e emprego público Sector privado e emprego público
Entrada en vigor Día seguinte á publicación no BOE
Retroactividade As 2 semanas adicionais de coidado parental aplican dende o 2 de agosto de 2024 (dispoñibles a partir do 1 de xaneiro de 2026)

Preguntas frecuentes sobre a ampliación do permiso por nacemento e coidado (Real Decreto-lei 9/2025)

O permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento amplíase a 19 semanas por proxenitor, con máis flexibilidade para o seu goce.

6 semanas obrigatorias tras o nacemento ou adopción, a xornada completa.
11 semanas flexibles, que poden gozarse de forma acumulada ou interrumpida ata que a persoa menor cumpra 12 meses.
2 semanas adicionais de coidado parental, que poden empregarse ata que a persoa menor cumpra 8 anos.

As familias monoparentais disporán de 32 semanas de permiso, para garantir a mesma protección que nos fogares biparentais.

Si. Durante todo o período percíbese o 100 % da base reguladora da Seguridade Social, tanto no sector privado coma no emprego público.

A norma entra en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE. As 2 semanas adicionais de coidado parental aplícanse con efectos retroactivos desde o 2 de agosto de 2024 e poderán gozarse a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Completar a transposición da Directiva (UE) 2019/1158 sobre conciliación da vida familiar e laboral; promover a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito laboral; e reforzar a protección da infancia, especialmente nas familias monoparentais.