Axudas para a contratación de mulleres

Programa de apoio á contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e á adaptación de espazos nas empresas

En ocupacións masculinizadas

A través deste programa de axudas preténdese promover a contratación de mulleres desempregadas en empresas ordinarias en ocupacións masculinizadas, co obxectivo de contribuír a aumentar as baixas taxas de ocupación feminina nestas ocupacións.

A quen está destinado?

Empresarios e empresas independentemente da súa forma xurídica , incluídos os autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, con centro de traballo en Galicia.

Que gastos son subvencionables?

  • Incentivos á contratación:
    • Contratación indefinida inicial a tempo completo 15.000 €.
    • Contratos indefinidos iniciais a tempo parcial e contratos fixos indefinidos-discontinuos 7.500 €.
    • Estas cantidades poderán incrementarse nun 15 %, acumulables entre si en función do perfil do contratado, ata un máximo de 26.250 €.
  • Gastos derivados de obras de adaptación de espazos ou postos de traballo , co fin de eliminar barreiras ou obstáculos que impidan o acceso e o desempeño profesional das mulleres en ocupacións masculinizadas.
    • O importe da axuda será de ata 10.000 €.

Data límite de presentación

Aberto ata o 30 de setembro de 2024

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nesta axuda para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas (TR349W), contacta connosco a través do formulario adxunto.

Erro: Formulario de contacto non atopado.