A Xunta de Galicia convoca axudas dirixidas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para financiar os gastos de matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia durante o curso 2025/2026.
Quen pode solicitalas?
-
Persoas tituladas universitarias en desemprego.
-
Que rematasen os estudos universitarios antes do 30 de setembro de 2024.
-
Matriculadas en primeira matrícula nun máster oficial (mínimo 60 créditos).
Que cobre a axuda?
-
Ata 60 créditos de matrícula en primeira matrícula.
-
Segundo os prezos públicos oficiais.
-
Só se poderá solicitar para un máster.
Prazo de solicitude
-
Desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 6 de outubro de 2025.
Criterios de adxudicación
-
Principalmente, os días de inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
-
En caso de empate, terase en conta a antigüidade do título universitario.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.