Axudas para mellora de establecementos turísticos de aloxamento e restauración en Galicia 2026

A Axencia de Turismo de Galicia convoca para 2026 subvencións destinadas á mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración en Galicia, co obxectivo de modernizar as instalacións, mellorar a calidade da oferta turística e impulsar a sustentabilidade do sector. Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e están suxeitas ao réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios

Poden solicitar a axuda:

  • Persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos turísticos inscritos no REAT. Establecementos de: Hoteis, Campamentos de turismo, Turismo rural, Apartamentos turísticos, Albergues turísticos e Restaurantes (Grupo I).

Requisitos principais:

  • Ser peme.

  • O establecemento debe ter mínimo 5 anos de antigüidade.

  • Estar inscrito no Registro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).

Gastos subvencionables

Serán subvencionables as actuacións realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Entre os investimentos subvencionables inclúense:

Mellora das instalacións

  • Obras de modernización e renovación das instalacións.

  • Mellora do contorno e embellecemento do establecemento.

  • Adaptación para incremento de categoría turística.

Accesibilidade

  • Eliminación de barreiras arquitectónicas.

  • Melloras nas condicións de accesibilidade.

Sustentabilidade e eficiencia

  • Melloras na climatización e eficiencia enerxética.

  • Sistemas de renovación e extracción de aire.

Calidade turística

  • Investimentos necesarios para obter certificacións de calidade (como a Q de Calidade Turística).

Equipamento

  • Equipamento mobiliario necesario para o funcionamento do establecemento.

Dixitalización

  • Sistemas de xestión e comercialización dixital.

  • Equipos tecnolóxicos (máximo 5% do orzamento do proxecto).

Seguridade e saúde

  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Tamén son subvencionables:

  • Honorarios técnicos de redacción de proxecto e dirección de obra (máximo 6% da inversión subvencionable).

Gastos non subvencionables

Non se subvencionan:

  • Compra de terreos ou edificios.

  • Vehículos ou medios de transporte.

  • Gastos correntes da empresa.

  • Material non inventariable.

  • Menaxe de cociña ou habitacións.

  • Elementos decorativos.

  • Obras de mantemento ordinario.

  • Seguros ou taxas administrativas.

  • Gastos de conectividade.

  • Activos adquiridos mediante leasing ou renting.

Importe da subvención

  • Ata o 60% da inversión subvencionable.

  • Importe máximo da axuda: 60.000 € por beneficiario.

  • Investimento máximo subvencionable: 100.000 € (sen IVE).

A porcentaxe final depende da puntuación do proxecto:

Puntuación Porcentaxe axuda
80 – 100 puntos 60%
60 – 79 puntos 50%
40 – 59 puntos 40%

Os proxectos con menos de 40 puntos non reciben subvención.

Orzamento da convocatoria

Orzamento total: 4,5 millóns de euros

Distribución:

  • 3,5 millóns € para aloxamentos turísticos

  • 1 millón € para establecementos de restauración

Prazo de solicitude

O prazo para presentar solicitudes é de 1 mes desde a publicación da convocatoria no DOG. A solicitude debe realizarse exclusivamente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.

Prazo de xustificación

As actuacións deberán xustificarse antes do 3 de novembro de 2026.

Obrigas dos beneficiarios

Entre outras:

  • Manter a actividade subvencionada durante mínimo 3 anos.

  • Xustificar correctamente o investimento realizado.

  • Dar publicidade ao financiamento da Xunta de Galicia mediante cartel ou placa informativa.

Se tes un hotel, casa rural, apartamento turístico ou restaurante en Galicia, esta liña de axudas pode financiar ata o 60% das inversións de modernización do teu establecemento.