Axudas para o ensino e o transporte escolar curso 2026/2027 en Cambados

O Concello de Cambados aprobou unha nova convocatoria de axudas destinadas a apoiar ás familias do municipio nos gastos de ensino e transporte escolar durante o curso 2026/2027.

O obxectivo desta convocatoria é contribuír a reducir o esforzo económico que supón a escolarización do alumnado e facilitar o acceso á formación en igualdade de oportunidades.

Quen pode solicitalas

Estas axudas están dirixidas ás unidades familiares empadroadas no municipio de Cambados que cumpran os requisitos económicos e administrativos establecidos nas bases da convocatoria.

Que gastos se subvencionan

A convocatoria inclúe dúas liñas de apoio:

  • axudas para compra de material escolar
  • axudas para transporte escolar

Contías máximas das axudas de ensino

Os importes máximos por alumno/a e curso son os seguintes:

  • Primaria e Secundaria: ata 175 €
  • Alumnado con necesidades educativas especiais: ata 225 €
  • Bacharelato e Formación Profesional: ata 225 €
  • Universidade, ensinanzas artísticas superiores e conservatorios: ata 300 €

Axudas de transporte

As axudas de transporte están previstas para alumnado de Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, Ensinanzas Artísticas Superiores e Conservatorios.

Os importes máximos establécense segundo a distancia do centro educativo:

  • centros da comarca do Salnés (agás Cambados): ata 50 €
  • centros fóra da comarca e a menos de 30 km de Cambados: ata 75 €
  • centros situados a máis de 30 km: ata 100 €

Criterios de valoración

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Valorarase principalmente a renda per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2025. Tamén se terán en conta circunstancias adicionais como:

  • situación de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar;
  • situación de desemprego prolongado do pai, nai ou titor/a;
  • gastos de aluguer de vivenda ou amortización de préstamo hipotecario.

As rendas per cápita superiores a 8.000 € non terán dereito á axuda de ensino, e as superiores a 6.000 € non poderán acceder á axuda de transporte.

Orzamento da convocatoria

O crédito total destinado a esta convocatoria ascende a 27.000 euros.

Compatibilidade

Estas axudas son compatibles con outras subvencións públicas para a mesma finalidade, sempre que non se supere o custo total da actividade subvencionada.

En que podemos axudarche en ASEC Asesores

En ASEC Asesores axudamos ás familias na preparación e presentación de solicitudes de axudas e subvencións.

Podemos encargarnos de:

  • revisión de requisitos;
  • comprobación da documentación;
  • preparación e presentación da solicitude;
  • seguimento do expediente.