Festa do Albariño 2026: Aberto o prazo para solicitar postos, food trucks, barras e terrazas

O Concello de Cambados abriu o prazo para solicitar autorizacións para a instalación de postos de venda, food trucks, remolques, atraccións, barras exteriores e terrazas durante a LXXIV Festa do Albariño 2026. As solicitudes poderán presentarse desde o 15 de xuño ata o 24 de xullo de 2026.

Quen pode solicitar?

  • Postos de alimentación e bebidas.
  • Food trucks e venda desde vehículo.
  • Postos comerciais e venda ambulante.
  • Casetas, tómbolas e atraccións.
  • Barras exteriores e terrazas anexas a establecementos hostaleiros.

Como se asignarán os espazos?

No caso de que o número de solicitudes supere os espazos dispoñibles, as autorizacións concederanse por orde de entrada no Rexistro do Concello, polo que se recomenda presentar a documentación canto antes, salvo nos postos do Paseo da Calzada no que requirirase aos interesados/as para a presentación dunha memoria da actividade, das instalacións e dos productos que se pretendan subministrar.

Onde presentar a solicitude?

As solicitudes poden presentarse:

  • Presencialmente no Rexistro do Concello de Cambados (de 9:00 a 14:00 horas).
  • A través da sede electrónica municipal.

Aspectos a ter en conta

  • É obrigatorio achegar a documentación correspondente segundo o tipo de actividade.
  • Deberá dispoñerse de seguro de responsabilidade civil cando sexa esixible.
  • Nos postos de alimentación e bebidas está prohibida a venda e subministración de alcohois destilados.

Desde ASEC Asesores ofrecemos asesoramento e tramitación das solicitudes para postos, food trucks, barras e terrazas, así como revisión da documentación necesaria para participar na Festa do Albariño 2026. Contacta connosco para preparar a túa solicitude con antelación.