ICO Crecemento: nova liña dixital de financiamento para pemes

O Instituto de Crédito Oficial (ICO) puxo en marcha ICO Crecemento, a primeira ferramenta de financiamento directo 100 % dixital, dotada con 1.000 millóns de euros para apoiar ás pemes españolas con potencial de crecemento e xeración de emprego.

A iniciativa ofrece préstamos de entre 5 e 10 anos, con posibilidade de carencia, cun tipo de xuro referenciado ao Euríbor máis unha marxe entre o 0,75 % e o 1,75 %, que pode reducirse en caso de cofinanciación privada.

Poderán acceder pemes con polo menos 4 anos de antigüidade e contas auditadas dos dous últimos exercicios fiscais, ou que conten con aval público, especialmente aquelas cun marcado compoñente innovador ou maior dificultade de acceso ao crédito bancario.

O proceso xestionarase integramente a través da plataforma dixital ICO online, esta plataforma inclúe modelos de validación automatizados, conectados con outros organismos como a Axencia Tributaria, o Banco de España e a Seguridade Social, co obxectivo de reducir os obstáculos e barreiras administrativas para promover a actividade empresarial.

Con esta medida, o ICO prevé chegar inicialmente a 8.000–10.000 pemes, ampliables a 50.000 empresas beneficiarias nos vindeiros anos.

📝Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse