Plan Renova o teu Vehículo 2026 – Axudas do INEGA

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) convoca para o ano 2026 o Plan Renova o teu Vehículo, unha liña de axudas destinada a fomentar a renovación do parque móbil en Galicia mediante a substitución de vehículos antigos por outros máis eficientes e con menores emisións de CO₂.

Persoas beneficiarias

  • Persoas físicas residentes en Galicia

  • Autónomos e empresas con domicilio social ou centro de traballo en Galicia

Vehículos subvencionables

  • Turismos (M1) e furgonetas lixeiras (N1) novos

  • Emisións máximas de CO₂ segundo categoría

  • Prezo máximo do vehículo:

    • Ata 42.000 € (IVE incluído)

    • Ata 47.000 € no caso de vehículos eléctricos con máis de 30 km de autonomía eléctrica

  • É obrigatorio o achatarramento dun vehículo antigo:

    • Turismos: mínimo 10 anos

    • Furgonetas: mínimo 5 anos

Contía das axudas

  • Ata 4.000 € por vehículo

  • Incremento do 20 % para familias numerosas

  • A axuda combínase cun desconto obrigatorio do concesionario

  • A subvención aplícase directamente na factura de compra

Orzamento total

  • 3.500.000 €

    • 3.250.000 € para persoas físicas

    • 250.000 € para autónomos e empresas

Prazo

  • Solicitudes: do 22 de xaneiro ao 30 de setembro de 2026, ou ata esgotar fondos

  • As axudas concédense por orde de entrada (concorrencia non competitiva)

Tramitación

  • A solicitude realízase a través de concesionarios adheridos ao Plan

  • O concesionario encárgase da xestión e do desconto da axuda na factura final.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse