Axuda para mellorar a preparación dixital contra as ameazas cibernéticas
O Programa Empresa Cibersegura inclúe unha serie de subvencións destinadas a mellorar a preparación dixital fronte ás ciberameazas nas empresas gallegas mediante a adopción de medidas de ciberseguridade que lles permitan reforzar a protección dos seus activos críticos , reducir o risco de incidentes e mellorar a súa capacidade para previr, detectar e responder ás ameazas no entorno dixital.

Para quen está destinado?
Empresarios individuais e persoas xurídicas con personalidade mercantil, independentemente do seu tamaño, que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
Cales son os gastos elixibles?
- Realización dun diagnóstico inicial de madurez e riscos.
- Acceso a servizos especializados de pago por uso durante 12 meses, adaptados ás túas necesidades. Estes servizos poden incluír migración segura de infraestrutura a entornos na nube (IaaS), operación segura de infraestrutura de TI (ITaaS) ou protección de entornos industriais de TO (OTaaS).
- A posta en marcha de accións de reforzo complementarias: probas de hacking ético, accións de concienciación e sensibilización ou a posta en marcha de políticas de seguridade e servizos de apoio estratéxico.
Cal é a contía da axuda?
Cobre ata o 75 % , cun importe máximo de 30.000 € por empresa.
Data límite de presentación
Aberto ata o 15 de novembro de 2025.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste programa de ciberseguridade para empresas do IGAPE IG408O, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.