Axudas para o emprendemento en Galicia
A finalidade deste programa de Subvencións Xempre Emprendemento é facilitar as iniciativas emprendedoras, contribuíndo ao aumento da actividade económica e da competitividade mediante o apoio ao financiamento de investimentos.
Para quen está destinado?
Traballadores autónomos, pequenas e medianas empresas, cooperativas e asociacións laborais, así como empresas de inserción social e centros especiais de emprego que iniciaran a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2023.
Que gastos son elixibles?
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles: Activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
- Investimentos en eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento e mobiliario.
- Reforma e adaptación das instalacións do local comercial.
- Honorarios notariais e/ou rexistrais.
- Gastos de alugueiro de bens inmobles empregados para o desenvolvemento da actividade.
- A adquisición de bens pertencentes a un establecemento ou de bens de capital de segunda man
Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 1 de xullo de 2024 ata a data da presentación da solicitude.
Cal é a contía da axuda?
- Poderán subvencionarse investimentos que oscilen entre os 5.000 € e os 60.000 € .
- A contía da axuda oscilará entre o 45 % e o 55 % do importe total.
Data límite de presentación
Próxima apertura ata o 30 de xuño de 2025.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado/a nestas axudas TR880A Xempre Emprendemento de Promoción do Emprego e Igualdade, ponte en contacto connosco agora mesmo a través do seguinte formulario.
Erro: Formulario de contacto non atopado.