AXUDAS PARA EMPRENDEDORES

Axudas para o emprendemento en Galicia

A finalidade deste programa de Subvencións Xempre Emprendemento é facilitar as iniciativas emprendedoras, contribuíndo ao aumento da actividade económica e da competitividade mediante o apoio ao financiamento de investimentos.

Para quen está destinado?

Traballadores autónomos, pequenas e medianas empresas, cooperativas e asociacións laborais, así como empresas de inserción social e centros especiais de emprego que iniciaran a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro de 2023.

Que gastos son elixibles?

  • Equipamento informático.
  • Activos intanxibles: Activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
  • Investimentos en eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento e mobiliario.
  • Reforma e adaptación das instalacións do local comercial.
  • Honorarios notariais e/ou rexistrais.
  • Gastos de alugueiro de bens inmobles empregados para o desenvolvemento da actividade.
  • A adquisición de bens pertencentes a un establecemento ou de bens de capital de segunda man

Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 1 de xullo de 2024 ata a data da presentación da solicitude.

Cal é a contía da axuda?

  • Poderán subvencionarse investimentos que oscilen entre os 5.000 € e os 60.000 € .
  • A contía da axuda oscilará entre o 45 % e o 55 % do importe total.

Data límite de presentación

Próxima apertura ata o 30 de xuño de 2025.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado/a nestas  axudas TR880A Xempre Emprendemento de Promoción do Emprego e Igualdade, ponte en contacto connosco agora mesmo a través do seguinte formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.