Axudas para o emprego xuvenil
O obxectivo deste Programa é subvenciónar para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a mozos menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos, facilitando así a integración no mercado laboral dos mozos de Galicia.
Para quen está destinado?
Empresas independentemente da súa forma xurídica, incluídos os autónomos , as sociedades civís e as sociedades mancomunadas de bens que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo situados en Galicia .
Que gastos se subvencionan?
- A contratación de persoas mozas por conta allea mediante a sinatura de contratos en prácticas profesionais ou de contratos de formación en alternancia.
- As persoas mozas serán contratadas a tempo completo, ben na modalidade de obtención de práctica profesional ben de contrato de formación en alternancia, e durante un período mínimo continuado de 12 meses en ambos os casos, salvo que se trate dunha substitución.
Requisitos das persoas contratadas polas que se pode pedir a subvención
- Que cumprisen os 16 anos e non cumprisen 30 anos no momento da contratación.
- Que estean desempregadas (desocupadas no día inmediatamente anterior á data de inicio do contrato), e que se atopen rexistradas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación.
- Que non teñan unha experiencia profesional superior a un ano (365 días) no mesmo grupo de cotización no que van ser contratadas.
Bonificacións aplicables ao contrato de formación en 2025 nas cuotas da Seguridade Social
Ademais desta axuda directa para a contratación as empresas tamén pode beneficiarse das bonificacións á seguridade social, xa que durante a súa vixencia, as empresas poden solicitar:
- Bonificacións da Seguridade Social. O contrato dá dereito a unha bonificación de 91 €/mes, nas cuotas empresariais e de 28 €/mes, nas cuotas do traballador. Sempre que o traballador non tivera un contrato indefinido nos 3 meses anteriores.
- Bonificación do 100 % sobre a formación que reciba a persoa durante toda a duración do seu contrato.
Cal é a contía da axuda?
Dependendo do grupo de cotización da persoa contratada, entre 9.975 € e 16.625 € .
Data límite de presentación
Próxima apertura ata o 30 de setembro
Como podo solicitalo?
Se estás interesado /a neste Programa de contratación a menores de 30 anos, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.
Erro: Formulario de contacto non atopado.