Programa ES-Transforma

Programa de apoio á recuperación de empresas en crise ou sen relevo xeracional mediante fórmulas de economía social.

Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais

Programa de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais de empresas sen relevo xeracional, de todo tipo de empresas e de traballadores autónomos, que xa estean a realizar unha actividade económica

Para quen está destinado?

Sociedades laborais ou cooperativas que xorden de calquera destes procesos: Constitución por ausencia de relevo xeracional, incorporación por persoas físicas independentes ou incorporación por transformación.

Que gastos son elixibles?

  • Asesoramento xurídico para a construción da entidade.
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  • Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Plan de protección de datos.
  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e sitios web.
  • Mellora da eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma de locais comerciais.
  • Mobles.
  • Elementos de transporte.

Cal é a contía da axuda?

A axuda total para cada entidade beneficiaria non poderá superar os 46.000 €, cubrindo ata o 80 % dos custos.

Data límite de presentación

Ata o 15 de setembro de 2025.

Axudas da Xunta de Galicia

Como podo solicitalo?

Se estás interesado no programa ES-Transforma, ponte en contacto connosco agora mesmo mediante o formulario adxunto.

Erro: Formulario de contacto non atopado.