Programa de apoio á recuperación de empresas en crise ou sen relevo xeracional mediante fórmulas de economía social.
Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais
Programa de apoio á transformación en cooperativas ou sociedades laborais de empresas sen relevo xeracional, de todo tipo de empresas e de traballadores autónomos, que xa estean a realizar unha actividade económica
Para quen está destinado?
Sociedades laborais ou cooperativas que xorden de calquera destes procesos: Constitución por ausencia de relevo xeracional, incorporación por persoas físicas independentes ou incorporación por transformación.
Que gastos son elixibles?
- Asesoramento xurídico para a construción da entidade.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Plan de protección de datos.
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e sitios web.
- Mellora da eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma de locais comerciais.
- Mobles.
- Elementos de transporte.
Cal é a contía da axuda?
A axuda total para cada entidade beneficiaria non poderá superar os 46.000 €, cubrindo ata o 80 % dos custos.
Data límite de presentación
Ata o 15 de setembro de 2025.
Axudas da Xunta de Galicia
Como podo solicitalo?
Se estás interesado no programa ES-Transforma, ponte en contacto connosco agora mesmo mediante o formulario adxunto.

Erro: Formulario de contacto non atopado.