AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA ARTESANÍA GALEGA

Subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización mediante medidas de fortalecemento da comercialización do sector artesanal galego que require, entre outras actuacións, o acceso a novos mercados tanto nacionais como internacionais, a apertura a clientes potenciais e a promoción das feiras e eventos sectoriais e de novas canles de comercialización da artesanía.

Para quen está destinado?

Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo día en que presenten a solicitude de subvención

Que gastos son elixibles?

Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:
Feiras ou eventos profesionais de interese comercial para o sector artesanal
A axuda concederase unicamente para a participación en feiras/eventos cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 500,00€. Cada titular de obradoiro poderá solicitar ata 6 feiras ou eventos cun importe máximo de 3.000,00€ de axuda por feira/evento.
Feiras ou outros eventos non profesionais de venda directa de produtos artesanais.
A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras/eventos cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00€. Cada titular de obradoiro poderá solicitar ata 6 feiras ou eventos cun importe máximo 850,00€ de axuda por feira/evento.
Feiras ou eventos profesionais e non profesionais do período do Nadal 2024/25.
A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras ou eventos cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400.00€. Cada titular de obradoiro poderá solicitar ata 3 feiras/eventos cun importe máximo de 1.500,00 € de axuda por feira/evento.

Cal é a contía da axuda?

A intensidade da axuda será do 80% do investimento subvencionable (IVE excluído) co límite máximo de 8.000,00€ de axuda para o conxunto das actuacións

Data límite de presentación

Ata o 18 de xullo de 2025.

Axudas da Xunta de Galicia

Como podo solicitalo?

Se estás interesado no programa Comercialización artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns, ponte en contacto connosco agora mesmo mediante o formulario adxunto.

Erro: Formulario de contacto non atopado.