Bono Concilia Familia 2025

A Consellería de Política Social e Igualdade convoca as axudas do Bono Concilia Familia 2025 (código BS412A), dirixidas a familias residentes en Galicia con fillos e fillas nados entre 2012 e 2021, para apoiar a conciliación en situacións puntuais e durante os períodos de vacacións escolares.

Finalidade

Facilitar ás familias recursos para compatibilizar a vida laboral e persoal cando non poidan atender ás súas fillas/os por motivos de:

  • Doenza ou accidente da nena/o ou da persoa coidadora.

  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.

  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado de familiares.

  • Períodos de vacacións escolares (xaneiro, entroido, Semana Santa e verán 2025).

Gastos subvencionables

  • Contratación temporal de persoal do fogar.

  • Servizos de atención á infancia no domicilio.

  • Servizos de conciliación autorizados (ludotecas, espazos infantís, etc.).

  • Campamentos ou outros recursos colectivos de conciliación (agás a Campaña de Verán 2025 da Xunta).

Contías

  • Ata o 100 % do gasto para familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con menores con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero.

  • Ata o 75 % do gasto para o resto.

  • Límite de 500 € por familia en contratación de persoal/servizos no domicilio.

  • Límite de 200 € por menor en servizos de conciliación autorizados ou campamentos.

Orzamento e tramitación

  • Dotación total: 2,66 millóns de euros.

  • Concesión por orde de solicitude ata esgotar fondos.

  • Prazo de presentación: do 8 de setembro ao 8 de outubro de 2025

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse