A Axencia Galega de Innovación (GAIN) convoca as axudas VInnovate Galicia 2025 (código IN848G), enmarcadas no Mecanismo Interrexional VInnovate da rede europea Vanguard Initiative, cofinanciadas polo programa Galicia FEDER 2021-2027.
Obxectivo
Impulsar a participación de entidades galegas en proxectos colaborativos de I+D interrexionais, reforzando a presenza internacional do sistema galego de innovación e contribuíndo á Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 2021-2027).
Beneficiarios
-
Organismos de investigación.
-
Empresas (pemes e grandes), con centro de traballo en Galicia.
-
As agrupacións galegas deben ter entre 2 e 4 entidades, sendo obrigatorio que participe unha peme cun mínimo do 30% do orzamento .
Ámbitos prioritarios (Pilots)
Os proxectos deben aliñarse coa RIS3 Galicia e con algún dos ámbitos estratéxicos da Vanguard Initiative, como:
-
Bioeconomía
-
Intelixencia artificial
-
Hidróxeno
-
Saúde intelixente / medicina personalizada
-
Fabricación avanzada para enerxía offshore
-
Impresión 3D
-
Nanotecnoloxía
-
Fabricación eficiente e sostible
Condicións principais
-
Orzamento mínimo galego: 150.000 €
-
Axuda máxima por proxecto galego: 500.000 €
-
Prazo de execución: ata o 30 de setembro de 2028
-
O financiamento tramítase en concorrencia competitiva e baixo o principio de “non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH)” .
Financiamento
Dotación total: 1.000.000 € (2025-2028) , cofinanciado pola Unión Europea no marco do Galicia FEDER 2021-2027.
Prazos
-
Primeira fase: validación do proxecto interrexional polo Secretariado VInnovate (ata o 15 de setembro de 2025) .
-
Segunda fase: solicitude de axuda a GAIN (ata o 15 de outubro de 2025) .
Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.