O Concello de Cambados convoca axudas económicas destinadas ás familias con menos recursos para apoiar a escolarización, estudos artísticos e universitarios, así como o transporte de estudantes.
Quen pode solicitalas?
-
Alumnado de Primaria e ESO en centros públicos de Cambados (incluídos alumnos de Oubiña no colexio de Tremoedo).
-
Estudantes de Bacharelato, FP, Universidade, Conservatorios e Ensinanzas Artísticas Superiores en centros públicos.
-
Alumnado con necesidades educativas especiais que precise asistir a centros fóra do municipio.
-
Estudantes empadroados en Cambados, con renda per cápita dentro dos límites establecidos.
Axudas dispoñibles
1. Material escolar
-
Primaria e Secundaria: ata 175 €
-
Bacharelato, FP: ata 225 €
-
Universidade e ensinanzas artísticas/conservatorios: ata 300 €
-
Alumnado con necesidades educativas especiais: ata 225 €
2. Transporte escolar (por curso e alumno/a):
-
Centros da comarca do Salnés (agás Cambados): 50 €
-
Fóra do Salnés, a menos de 30 km: 75 €
-
Máis de 30 km: 100 €
Criterios de concesión
-
Concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
-
Valorarase a renda familiar per cápita e outras circunstancias (discapacidade, desemprego prolongado, alugueiro ou hipoteca).
-
As rendas superiores a 8.000 €/ano por persoa non terán dereito a axuda de ensino, e superiores a 6.000 €/ano non terán dereito a axuda de transporte.
Documentación necesaria
-
Solicitude normalizada .
-
DNI, libro de familia, matrícula, declaración da renda ou xustificantes de ingresos.
-
Outra documentación se procede (discapacidade, desemprego, familia monoparental, alugueiro…).
Prazo e lugar de presentación
-
Do día seguinte á publicación no BOPPO ata o 30 de setembro de 2025.
-
No Rexistro Xeral do Concello (9:00-14:00 h), na sede electrónica ou polas vías previstas na Lei 39/2015.
Xustificación
-
Será obrigatorio presentar facturas e xustificantes de gasto ou matrícula no prazo de 10 días hábiles desde a publicación da resolución.
-
Posibilidade de solicitar un anticipo do 60% da axuda, xustificando a necesidade.
Como podo solicitala?
Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.