Axudas municipais do Concello de Cambados para o ensino e transporte 2025/2026

O Concello de Cambados convoca axudas económicas destinadas ás familias con menos recursos para apoiar a escolarización, estudos artísticos e universitarios, así como o transporte de estudantes.

Quen pode solicitalas?

  • Alumnado de Primaria e ESO en centros públicos de Cambados (incluídos alumnos de Oubiña no colexio de Tremoedo).

  • Estudantes de Bacharelato, FP, Universidade, Conservatorios e Ensinanzas Artísticas Superiores en centros públicos.

  • Alumnado con necesidades educativas especiais que precise asistir a centros fóra do municipio.

  • Estudantes empadroados en Cambados, con renda per cápita dentro dos límites establecidos.

Axudas dispoñibles

1. Material escolar

  • Primaria e Secundaria: ata 175 €

  • Bacharelato, FP: ata 225 €

  • Universidade e ensinanzas artísticas/conservatorios: ata 300 €

  • Alumnado con necesidades educativas especiais: ata 225 €

2. Transporte escolar (por curso e alumno/a):

  • Centros da comarca do Salnés (agás Cambados): 50 €

  • Fóra do Salnés, a menos de 30 km: 75 €

  • Máis de 30 km: 100 €

Criterios de concesión

  • Concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

  • Valorarase a renda familiar per cápita e outras circunstancias (discapacidade, desemprego prolongado, alugueiro ou hipoteca).

  • As rendas superiores a 8.000 €/ano por persoa non terán dereito a axuda de ensino, e superiores a 6.000 €/ano non terán dereito a axuda de transporte.

Documentación necesaria

  • Solicitude normalizada .

  • DNI, libro de familia, matrícula, declaración da renda ou xustificantes de ingresos.

  • Outra documentación se procede (discapacidade, desemprego, familia monoparental, alugueiro…).

Prazo e lugar de presentación

  • Do día seguinte á publicación no BOPPO ata o 30 de setembro de 2025.

  • No Rexistro Xeral do Concello (9:00-14:00 h), na sede electrónica ou polas vías previstas na Lei 39/2015.

Xustificación

  • Será obrigatorio presentar facturas e xustificantes de gasto ou matrícula no prazo de 10 días hábiles desde a publicación da resolución.

  • Posibilidade de solicitar un anticipo do 60% da axuda, xustificando a necesidade.

📝Como podo solicitala?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse