Axudas á Educación Infantil 2025-2026 – Concello de Vilagarcía de Arousa

O Concello convoca axudas económicas para apoiar ás familias con fillos/as matriculados/as en Educación Infantil (0-3 e 3-6 anos) en centros sostidos con fondos públicos ou escolas infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.

Obxecto da axuda:
Contribuír ao financiamento dos gastos da escolarización non obrigatoria en Educación Infantil.

Beneficiarios/as:

  • Familias empadroadas e con residencia efectiva en Vilagarcía.

  • Con nenos/as matriculados en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil no curso 2025/26.

  • Que non superen os límites de ingresos establecidos segundo o número de membros da unidade familiar.

  • Que presenten a documentación requirida en prazo.

Límites de renda anual (ano 2024):

  • 2 membros: 15.998,66 €

  • 3 membros: 20.442,78 €

  • 4 membros: 23.998,14 €

  • 5 membros: 26.664,60 €
    (aumenta progresivamente ata 8 membros: 31.997,77 €).
    En familias monoparentais increméntase un membro máis no cálculo.

Contía da axuda:

  • 70 € por alumno/a.

  • Compatibles con outras axudas, sempre que non superen o custo da escolarización.

Prazo e lugar de solicitude:

  • Do día seguinte á publicación no BOP de Pontevedra ata o 10 de outubro de 2025.

  • Presentación: sede electrónica do Concello sede.vilagarcia.gal, Rexistro Xeral municipal ou calquera dos medios previstos na lei.

Documentación principal:

  • Solicitude oficial (Anexo I).

  • DNI/NIE do solicitante.

  • Libro de familia ou equivalente.

  • Declaración de renda (autorización para consulta).

  • Xustificante de hipoteca ou alugueiro (se procede).

  • Certificado de conta bancaria.

  • Certificado de matrícula do/a neno/a (se non se autoriza a consulta).

  • No caso de familias monoparentais, documento acreditativo.

Resolución e pagamento:

  • As solicitudes valoraranse en réxime de concorrencia competitiva segundo a renda per cápita familiar.

  • O Concello notificará a resolución e efectuará o pago mediante transferencia bancaria.