Axudas para investimentos no sector vitivinícola en Galicia

A Consellería do Medio Rural convoca as axudas para investimentos no sector vitivinícola en Galicia no marco da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) da PAC 2023-2027, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA), correspondentes ao exercicio 2026 (procedemento MR361A).

Estas axudas teñen como obxectivo mellorar o rendemento global, a competitividade e a adaptación ao mercado das empresas do sector vitivinícola, promovendo tamén a sustentabilidade ambiental, a eficiencia enerxética, a innovación e a dixitalización.

Quen pode solicitar a axuda

Poden ser beneficiarias:

  • Empresas vitivinícolas que produzan ou comercialicen produtos do sector.

  • Organizacións e asociacións de produtores.

  • Organizacións interprofesionais e profesionais.

As instalacións deben estar situadas en Galicia ou, no caso de comercialización, ter domicilio fiscal na comunidade autónoma.

Investimentos subvencionables

Son subvencionables investimentos materiais e inmateriales destinados a:

  • Elaboración, transformación e almacenamento de produtos vitivinícolas.

  • Infraestruturas e equipamentos das adegas.

  • Comercialización, promoción e enoturismo.

  • Mellora da eficiencia enerxética, uso de enerxías renovables e procesos sostibles.

  • Innovación, novos produtos e transformación dixital.

O investimento mínimo subvencionable é de 100.000 euros e as actuacións deberán executarse, pagarse e xustificarse antes do 1 de maio de 2027.

Intensidade da axuda

A axuda pode acadar ata:

  • 40 % para microempresas e pemes.

  • 20 % para empresas non pemes pequenas.

  • 10 % para grandes empresas.
    Os porcentaxes poden axustarse en función do orzamento dispoñible.

Presentación de solicitudes

  • O prazo de presentación remata o 1 de febreiro de 2026.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.

  • Só se poderá presentar unha solicitude por establecemento

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.