A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do programa “+Xuntas” 2026, unha iniciativa centrada na formación, o apoderamento e a creación de redes de apoio entre as mulleres da provincia, co obxectivo de avanzar cara a unha igualdade real e efectiva.
O programa ofrece un catálogo de accións formativas gratuítas que as entidades participantes poden solicitar para desenvolver nos seus propios locais. Estas accións están orientadas a mellorar as condicións de vida das mulleres, reforzar a súa autonomía persoal, fomentar a participación activa, a sororidade e combater o illamento, especialmente no ámbito rural.
Entidades destinatarias
O programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra, ou con delegación nela, que teñan como finalidade a promoción das mulleres e da igualdade de oportunidades.
Características das accións formativas
-
Duración: 35 horas por acción formativa
-
Participantes: entre 20 e 25 prazas, cun mínimo de 12 persoas
-
Preferencia para mulleres (ata un 25 % das prazas poden ser ocupadas por homes)
-
Inclúen obrigatoriamente un módulo de 5 horas en igualdade de xénero e prevención da violencia machista
-
Desenvolveranse ao longo do ano 2026
A formación será impartida por unha empresa especializada, encargada da execución, coordinación e avaliación do programa.
Réxime de concesión
As accións formativas concederanse en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes e ata o esgotamento do crédito dispoñible, con prioridade para as entidades de mulleres.
Prazo e presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse de forma electrónica a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.
Orzamento
O programa conta cun orzamento total de 339.682,53 € e prevé a realización inicial de 207 accións formativas, ampliables se existe dispoñibilidade orzamentaria.
Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.