A Consellería do Medio Rural convoca as axudas para investimentos no sector vitivinícola en Galicia no marco da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) da PAC 2023-2027, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA), correspondentes ao exercicio 2026 (procedemento MR361A).
Estas axudas teñen como obxectivo mellorar o rendemento global, a competitividade e a adaptación ao mercado das empresas do sector vitivinícola, promovendo tamén a sustentabilidade ambiental, a eficiencia enerxética, a innovación e a dixitalización.
Quen pode solicitar a axuda
Poden ser beneficiarias:
-
Empresas vitivinícolas que produzan ou comercialicen produtos do sector.
-
Organizacións e asociacións de produtores.
-
Organizacións interprofesionais e profesionais.
As instalacións deben estar situadas en Galicia ou, no caso de comercialización, ter domicilio fiscal na comunidade autónoma.
Investimentos subvencionables
Son subvencionables investimentos materiais e inmateriales destinados a:
-
Elaboración, transformación e almacenamento de produtos vitivinícolas.
-
Infraestruturas e equipamentos das adegas.
-
Comercialización, promoción e enoturismo.
-
Mellora da eficiencia enerxética, uso de enerxías renovables e procesos sostibles.
-
Innovación, novos produtos e transformación dixital.
O investimento mínimo subvencionable é de 100.000 euros e as actuacións deberán executarse, pagarse e xustificarse antes do 1 de maio de 2027.
Intensidade da axuda
A axuda pode acadar ata:
-
40 % para microempresas e pemes.
-
20 % para empresas non pemes pequenas.
-
10 % para grandes empresas.
Os porcentaxes poden axustarse en función do orzamento dispoñible.
Presentación de solicitudes
-
O prazo de presentación remata o 1 de febreiro de 2026.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.
-
Só se poderá presentar unha solicitude por establecemento
Como podo solicitalo?
Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.