Axudas Galicia Suma Talento: Emprégate 2026
Incentivos económicos á contratación de persoas desempregadas en Galicia
A Xunta de Galicia convoca para o ano 2026 o programa Galicia Suma Talento: Emprégate, dirixido a fomentar a contratación indefinida e a mellora da calidade do emprego, apoiando especialmente a incorporación de persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades de inserción laboral.
🎯 Obxectivo
Promover emprego estable e inclusivo en empresas, persoas autónomas e entidades sen ánimo de lucro con centros de traballo situados en Galicia.
💼 Modalidades de axuda e importes
✔ Contratación indefinida inicial
-
6.000 € por persoa contratada (persoas mozas, maiores de 52 anos, desempregadas de longa duración, emigrantes retornadas ou estranxeiras).
-
10.000 € por persoa contratada no caso de mulleres vítimas de violencia de xénero, mulleres en ocupacións masculinizadas, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e persoas que remataron recentemente programas formativos ou de emprego.
(Importes proporcionais en contratos a tempo parcial)
✔ Incremento de xornada
Axudas polo paso de contratos indefinidos de tempo parcial a tempo completo.
✔ Contratos fixos-descontinuos
Subvención polo incremento da duración anual ata un mínimo de 9 meses.
✔ Adaptación de postos de traballo
Axudas para a adaptación do posto ou dotación de medios de protección para persoas con discapacidade.
✔ Transformación de contratos formativos
Incentivos pola conversión en indefinidos de contratos formativos subvencionados.
👤 Persoas destinatarias da contratación
Entre outros colectivos:
-
Persoas mozas menores de 30 anos
-
Persoas desempregadas de longa duración
-
Mulleres (especialmente vítimas de violencia de xénero ou en ocupacións masculinizadas)
-
Persoas maiores de 52 anos
-
Persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social
-
Persoas emigrantes retornadas ou persoas estranxeiras
-
Persoas que remataron recentemente accións formativas ou programas de emprego
🗓️ Prazo
Ata o 30 de setembro de 2026 (ou esgotamento de fondos).
👉 Queres solicitar esta axuda?
En ASEC Asesores encargámonos de todo o proceso por ti:
-
Análise da contratación e do colectivo
-
Comprobación de requisitos
-
Tramitación electrónica da solicitude
-
Seguimento ata o cobro da subvención
Contacta con nós e asegura a túa axuda antes de que se esgoten os fondos.
📞 ✉️ ASEC Asesores: acompañámoste para contratar con garantías e aforro.