A Xunta de Galicia convoca para o ano 2026 o Bono Emancípate, unha axuda económica dirixida a persoas mozas traballadoras que aluguen ou compren unha vivenda co obxectivo de apoiar os gastos iniciais da emancipación.
👥 Quen pode solicitalo?
Poden ser beneficiarias as persoas que cumpran estes requisitos principais:
-
Ter entre 18 e 35 anos no momento da solicitude
-
Ter un contrato de alugueiro en Galicia asinado despois do 30 de abril de 2025, cunha duración mínima dun ano, ou ter comprado unha vivenda (nova ou usada) despois do 30 de abril de 2025, mediante escritura pública e con licenza de primeira ocupación, ou ser adquirente, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida autonómica (réxime xeral ou especial).
-
Ter nacionalidade española, da UE ou residencia legal en España
-
Dispoñer dunha fonte regular de ingresos (traballo por conta propia ou allea, prestacións, etc.)
-
Non superar os límites de ingresos establecidos (en función do IPREM e da unidade de convivencia)
-
Non ter sido beneficiario do Bono Emancípate en 2025
💶 Contía da axuda
-
1.500 € para persoas que vivan de alugueiro
-
3.000 € para persoas que adquirisen unha vivenda en propiedade (despois do 30 de abril de 2025)
A axuda entrégase mediante unha tarxeta virtual Bono Emancípate, que se pode usar ata o 31 de decembro de 2026
🛋️ En que se pode gastar?
O bono destínase a cubrir gastos distintos do alugueiro ou da compra da vivenda, como por exemplo:
✅ Electrodomésticos (lavadora, frigorífico, forno, microondas, etc.)
✅ Pequenos electrodomésticos (cafeteira, aspiradora, radiador, etc.)
✅ Mobles (sofá, cama, armarios, mesas, cadeiras…)
✅ Artigos de decoración
✅ Enxoval de cociña e baño
✅ Téxtil de fogar (sabas, toallas, edredóns…)
Todos os gastos deben realizarse en establecementos situados en Galicia
💻 Como se presenta a solicitude?
-
A solicitude é obrigatoriamente electrónica a través da sede da Xunta de Galicia
-
Tramítanse por orde de entrada, ata esgotar o orzamento dispoñible