Axudas da Xunta de Galicia para taxis EUROTAXI, CERO e ECO

A Xunta de Galicia convoca para o ano 2026 un programa de axudas económicas dirixidas ás persoas titulares de autorizacións de taxi (VT-N) para a adquisición de:

  • Vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (EUROTAXI)

  • Vehículos taxi de emisións CERO

  • Vehículos taxi ECO

O obxectivo destas axudas é mellorar a accesibilidade do servizo de taxi, avanzar cara a unha mobilidade máis sostible e reducir as emisións contaminantes, garantindo un transporte público de maior calidade, inclusivo e respectuoso co medio ambiente.

Contía das axudas

  • EUROTAXI: ata 10.000 € por vehículo

  • Taxi de emisións CERO: ata 4.000 € por vehículo

  • Taxi ECO: ata 1.000 € por vehículo

O orzamento total da convocatoria é de 500.000 €.

Persoas beneficiarias

Poden solicitar a axuda as persoas físicas titulares de autorizacións VT-N domiciliadas en Galicia, sempre que cumpran os requisitos establecidos e non obtiveran axudas análogas para a mesma autorización en convocatorias anteriores, segundo os límites fixados na orde.

Vehículos subvencionables

  • Só se subvencionan vehículos novos, non se admiten vehículos de segunda man nin adquiridos mediante renting.

  • Os vehículos CERO e ECO deberán contar coa clasificación oficial da DGT.

  • Os EUROTAXI deberán cumprir a normativa vixente de accesibilidade para persoas con discapacidade.

Prazo de presentación

As solicitudes poderán presentarse desde o sétimo día hábil tras a publicación da orde no DOG ata o 14 de outubro de 2026, exclusivamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

As axudas concédense por orde de entrada, ata o esgotamento do crédito dispoñible.

Tramitación e pagamento

  • O procedemento é de concorrencia non competitiva.

  • A resolución notifícase por vía electrónica.

  • O pagamento realizarase nun único aboamento, unha vez xustificada correctamente a compra do vehículo.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse