AXUDAS GALP 2025

Axudas para proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo – 2025

Para quen é?

Pemes e persoas traballadoras autónomas con domicilio fiscal e social en Galicia. Persoas xurídicas sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal e social en Galicia. Poderán actuar de maneira individual ou conxuntamente a agrupación das dúas entidades.

Que liñas de axudas son subvencionables?

Os Proxectos e actuacións subvencionables deberán alcanzar algún dos obxectivos indicados a continuación:

  • Aumento do valor, creación de emprego, fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
  • Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
  • Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
  • Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
  • Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Cal é o importe da axuda?

  • Ata 50% do gasto subvencionable total da operación.
  • Ata o 60% no caso de organizadores de pescadores ou outros beneficiarios colectivos do sector pesqueiro.
  • Ata o 100% cando a operación responda aos seguintes criterios: Interese colectivo e beneficiario colectivo.
  • Ata o 100% en caso de operacións vinculadas á pesca costeira artesanal.

Data límite de presentación

Aberto e ata o 21 marzo de 2025

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nesta axuda dos GALP para empresas contacta connosco a través do teléfono 986520813 ou no correo info@asecasesores.com