Axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Axudas para o desenvolvemento de proxectos enfocados a conseguir un maior aforro e eficiencia enerxética

Axudas ao aforro enerxético nas empresas

O obxectivo destas axudas é cubrir os gastos de investimento necesarios para acadar un maior nivel de eficiencia enerxética nas empresas.

Para quen é?

Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos , que teñan o seu domicilio social ou centro de traballo en Galicia , incluídas as empresas de servizos enerxéticos.

Que liñas de axudas son subvencionables?

  • PAPEME- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas pemes.
  • PAGE – Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas.
  • PAE- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI.
  • PAP- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas.

Estes cobren os gastos relacionados coa elaboración de proxectos técnicos, xestión técnica e obra civil, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de vixilancia, contabilidade, telexestión e auditoría.

Cal é o importe da axuda?

A axuda será de ata o 55% do custo subvencionable en función do tipo de beneficiario e do aforro enerxético.

A axuda máxima por entidade beneficiaria é de 2.000.000 €.

Data límite de presentación

Aberto proximamene e ata o 15 de setembro de 2025

Como podo solicitalo?

Se estás interesado nesta axuda do INEGA para empresas contacta connosco a través do teléfono 986520813 ou no correo info@asecasesores.com