Axudas para mobilidade eléctrica nas Bodegas e Aloxamentos nas Rutas do Viño de Galicia

A Xunta de Galicia convoca axudas para fomentar a mobilidade sostible e o turismo enogastronómico nas Rutas do Viño de Galicia, dirixidas a establecementos turísticos de aloxamento e bodegas.

Obxectivo

Impulsar un modelo turístico máis sostible mediante a adquisición de bicicletas e patinetes eléctricos, a instalación de puntos de recarga e estacións de reparación, así como accións de dixitalización, sinalización e comunicación ligadas a esta nova oferta turística.

Persoas e entidades beneficiarias

  • Establecementos turísticos de aloxamento inscritos no REAT.

  • Bodegas con zona visitable para turismo.

  • Situadas nas Rutas do Viño de Galicia: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras.

  • Microempresas e pemes.

Actuacións subvencionables

  • ✅ Compra de bicicletas eléctricas e patinetes eléctricos (ata 10 de cada tipo).

  • ✅ Instalación de estacións de reparación e puntos de recarga.

  • ✅ Restauración paisaxística das áreas de recarga.

  • ✅ Sistemas dixitais de xestión dos vehículos.

  • ✅ Sinalización e comunicación das experiencias turísticas creadas.

Contía da axuda

  • Ata o 80 % do investimento subvencionable.

  • Investimento mínimo: 5.000 €.

  • Orzamento total da convocatoria: 4 millóns de euros.

  • Axudas concedidas por orde de solicitude ata esgotar crédito.

Prazo

  • O prazo de solicitude é de 2 meses desde o inicio indicado no DOG.

  • Solicitude obrigatoriamente por vía electrónica.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado neste programa, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

← Back

A túa mensaxe enviouse