Galicia Exporta Empresas

Axudas do IGAPE á exportación

O programa Galicia Exporta Empresas busca fomentar actividades de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas e impacten na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Para quen está destinado?

  • Empresas, incluídos os traballadores autónomos con centro de traballo situado en Galicia

Que gastos son elixibles?

  • A) Promoción : Accións destinadas a reforzar a presenza da empresa nos mercados exteriores mediante accións como a participación como expositor en feiras ou outros eventos expositivos internacionais.
  • B) Márketing e comunicación internacional : Accións destinadas a promover a imaxe, os produtos ou os servizos dunha empresa.
  • C) Prospección en mercados internacionais: Accións dirixidas á análise da competencia no estranxeiro
  • D) Operacionalización da internacionalización : Accións dirixidas a facilitar e optimizar a expansión das empresas gallegas en compras ao exterior
  • E) Dixitalización para a internacionalización : Accións vinculadas á adopción e ao uso de tecnoloxías dixitais

Cal é a contía da axuda?

  • Ata un 70 % .
  • A contía máxima total da subvención será de 150.000 € por empresa .
  • Para os gastos dos puntos A, B, C e D, a contía máxima da subvención será de 100.000 € e para a liña E de ata 50.000 €.

Data límite de presentación

Apertura próxima: do 26 de maio ao 30 de setembro de 2025.

Como podo solicitalo?

Se estás interesado/a nestas axudas do programa Galicia Exporta Empresas do IGAPE IG622A, ponte en contacto connosco no seguinte formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.